Profesionais con experiencia no control de pragas

En Sanambi realizamos os servizos de desratización, desinfección e desinsectación en busca do benestar da poboación, da hixiene alimentaria e da saúde ambiental.

Ademais os nosos operarios aplican diferentes tratamentos para previr as pragas ou para eliminalas. Todas os profesionais que formamos parte de Sanambi contamos con carnés de autorización polo que tras realizar calquera servizo outorgamos aos nosos clientes o certificado correspondente.

Entre os servizos que ofrecemos aos nosos clientes destacan:

  • DESRATIZACIÓN
    - Eliminación e control de ratas e ratos en vivendas, almacéns e todo tipo de establecementos e instalacións, así como dos condutos do sumidoiro.
    - Protección contra os danos que causan os roedores e mantemento da sanidade ambiental.
    - Uso de diferentes técnicas e produtos contra ratos e ratas de última xeración que aseguran a súa eficacia e discreción. Son produtos autorizados para a sanidade ambiental, hixiene alimentaria e gandeira.
  • DESINFECCIÓN
    - Os nosos operarios eliminan os microorganismos (bacterias, fungos, virus...) en instalacións de industria alimentaria, residencias, escolas, ambientes clínico-sanitarios, entre outros. Así realizan tratamentos de desinfección e mantemento de instalacións gandeiras, tratamentos de limpeza e desinfección para a eliminación e control da Legionella en torres de refrixeración, circuítos de auga quente, condensadores evaporativos...
    - Realizan análises físico-químicos e microbiolóxicos da auga.
    - Limpeza e desinfección de condutos de aire acondicionado.
    - Proporcionamos contedores sanitarios para a recollida de compresas hixiénicas en establecementos de hostalería, institucións...
  • DESINSECTACIÓN
    - A nosa empresa encárgase da eliminación de todo tipo de insectos entre os que destacan as cascudas, moscas, pulgas, piollos, ácaros, formigas... en todo tipo de instalacións de hostalería, alimentación, escolas, vivendas...
    - Realizamos a fumigación de áreas axardinadas para a eliminación de insectos molestos e insalubres.
    - Proporcionamos varios modelos de lámpadas eléctricas para a eliminación de moscas e mosquitos.
  • TRATAMENTOS EN MADEIRA
    - Realizamos tratamentos especiais sobre estruturas de madeira afectadas por termitas. Procedemos ao saneamento e protección duradeira contra insectos e fungos.
    - Entre os tratamentos que ofrecemos destacan: os tratamentos a muros ou cimentos dun inmoble afectado por termitas, tratamentos antitermitas preventivos, tratamentos de curación e conservación de madeiras en casas rehabilitadas, tratamentos a mobles e obxectos afectados pola carcoma, tratamentos preventivos e de conservación de chan e revestimentos de madeira, tratamentos de saneado e conservación en faiados e armaduras de tellados de madeira.

Se percisa máis información sobre os servizos que ofrecemos en Sanambi, contacte connosco.

Póñase en contacto connosco

Sanambi somos unha empresa que leva a cabo servizos praguicidas en busca de saúde ambiental e hixiene alimentaria. Pode atoparnos en A Coruña.